A Asociacion de Veciños “Eduardo Pondal”, inicia unha campaña de captación de socios e lembra a necesidade de renovar o carnet para seguir mantendo viva a acción cultural e social no pobo.

Dende a Directiva da Avv Corme, piden á masa social que renove o seu carnet e anima á veciñanza a facerse socia. A cuota son 15 euros ao ano. Indican que é necesario o apoio de todos para seguir mantendo actividades anuais, entre elas Radio Roncudo.