Radio Roncudo foi creada, como radio comunitaria, coa intención de impulsar a cultura e o pensamento crítico e tamén co obxectivo de crear un grupo de traballo a prol da radio como medio de comunicación alternativo. Non temos ánimo de lucro algún (o que nos diferencia das radios piratas), aínda que algunhas veces nos apoiemos en patrocinios de pequenos comercios para o noso mantemento. Xunto ao resto de medios comunitarios, formamos parte do chamado Terceiro Sector da Comunicación (sendo o Primeiro Sector os medios públicos, e o Segundo os medios privados e comerciais).

Advertisements