A Casa do Mar estará mañá de aniversario

Mañá 27 de setembro cúmprense 36 anos da inaguración da Casa do Mar. Outra infraestructura chave, polo que supuxo de avance para Corme. Como testemuña da relevancia do asunto, temos ao propio Joaquín Almunia, Ministro de Traballo e Seguridade Social na época, que inagurou a obra feita nun tempo de grandes cambios en Galicia e España.

Dende aquel outono, Corme conataba xa cun centro de saúde en condicións, que ademáis estaba dotado de cafetería, centro social para os maiores, biblioteca e un salón de actos.