Cando deixamos de mirar ao mar

Corme foi un pobo, a pesares dos atrancos da ditadura, puxante ata finais dos oitenta, onde a cabotaxe e a mercadoría por mar colocou ao porto como un dos máis importantes de Galicia. Non é casual o gran número de patróns e mariñeiros que Corme dou á mariña mercante, que aínda perdura no día de hoxe, aínda que xa en moito menor cantidade.

Os anos da decadencia chegaron nos noventa, onde se deixou de apostar polo porto cormelán, aínda que seguían chegando algúns mercantes. Corme ten un muelle cun calado óptimo para estas embarcacións pero, non tivemos “padriño” e o desembarco da madeira pasou ao pobo de en frente.

Foi xa na primeira década do 2000 cando chegou á ampliación do muelle, tras grandes protestas da Asociación Veciñal e colectivos do pobo, que reclamaron con dureza polo abandono do antigo muelle pero, inexplicablemente, e despois desta importante inversión, Portos de Galicia segue insistindo en potenciar portos que, para ter as mesmas condicións de atraque que o de Corme, necesitan grandes investimentos de forma periódica.

Eso si, dependendo da época do ano, son numerosos os pesqueiros que atracan aquí para descargar ou a pausa durante a fin de semana.

Nin a mellora da estrada Corme-Ponteceso fixo que aquí seguisen arrivando mercantes, a pesares de que Bergantiños continúa exportando madeira dos seus montes.

Hai algo que é indiscutible: seguimos tendo un dos portos con mellores condicións naturais da Costa da Morte.