A Asociación de Veciños solicita melloras no pobo ás distintas administracións

A Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” prepara un “dossier” con pequenas melloras que hai que acometer en distintos viais do pobo e que afectan á diversas administracións.

Poñen de exemplo, ás melloras a efectuar na estrada do Cabo Roncudo, que solicitarán á Autoridade Portuaria da Coruña ou melloras na estrada á Roncudo que afectan ao Concello e Deputación Provincial.

Finalmente, destacan que solicitarán ao Concello melloras no xardín vello, xa que foron varias as veciñas e veciños que tropezaron ao estar as lousas levantadas.