O ano que Corme tivo un colexio

Agora que pronto vai empezar un novo curso escolar, tamén para o noso colexio, vamos lembrar a data no que se fixo.

No ano 1973 non é o que o curso empezase tarde para a rapazada en Corme pero, o que si botou a andar en xaneiro e non en setembro foi o que hoxe coñecemos como o Colexio Público “As Forcadas” . Foi o luns 14 de xaneiro de 1974. As autoridades da época organizaron xornada de portas abertas o domingo, un día antes do comezo das clases.

Os terreos foran doados pola veciñanza de Corme ao Concello e este cedeullos ao Ministerio de Educación, para que construísen alí o centro. Todo un avance que, como case todos, facilitou a veciñanza.

O colexio, ao igual que os outros na zona, non tiña o nome co que hoxe o coñecemos pero, eso queda para outro día.

Feliz entrada de curso aos nosos pequenos!