“Candelajo” segue buscando unha nova oportunidade

A aldea que hoxe se atopa nun estado de semi-abandono segue buscando unha oportunidade para que a resuciten. Varias casas levan xa anos á venda pero, a falta dun acceso en condicións e servizos básicos complican bastante estas operacións. Ten luz e a cobertura móbil é boa pero, carece de auga da traída e o suministro do pozo clásico atópase atascado.

Eso si, a aldea está nun lugar privilexiado á espera dunha oportunidade, que ben seguro chegará porque cualidades non lle faltan.