Unha Rumboia para Fía na Roca


Fía na Roca xurde despois da desaparición de Xorima por algúns dos seus integrantes. A proposta de Fía na roca foi pioneira na actualización do folk galego, Pódese falar de dúas etapas na traxectoria do grupo: unha que abrangue os cinco primeiros anos da década dos noventa, reflectida nun traballo homónimo e autoeditado, no seu selo Corda Frouxa en 1993, que sorprendeu polas devanditas influencias arábigas e jazzísticas e onde a parte instrumental protagonizaba a música do grupo; despois veu o paréntese que supuxo a saída de Quim Farinha e Quico Comesaña, enrolados no proxecto Berrogüetto, e a incorporación definitiva do ex-percusionista de Doa Carlos Castro, antes colaborador, que xunto aos veteráns Xosé Ramón Vázquez e Xabier Bueno compoñen a cerna desta nova etapa, que continúa hoxe, onde o número de integrantes medrou ate chegar a sete coa incorporación da cantante Sonia Lebedinski no terceiro disco, Contravento. Antes apareceu Agardando que pase algo, (Resistencia, 1997), onde os trocos na formación non restaron calidade nin capacidade de experimentar á banda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s