Os Carunchos

Ao final de 1994 nacen na bisbarra de Vigo Os Carunchos, coa idea de misturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, e co obxectivo de integrar na súa música outros instrumentos cada vez máis presentes na música galega, coma a zanfona, que xa dende o comezo acompañou a súa música. Non sería ate o ano 1998 que graven o seu primeiro disco, ¡Ala, que vai!. Nesta Rumboia adiacada aos Carunchos escoitaremos temas do seu traballo Montealegre (2005) no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.

Advertisements