Paco do Muxico e Marivi Cousillas

Volve un programa xa coñecido na Radio Roncudo. Volve Foliada, presentado por Paco do Muxico. Un programa que fala sobre a música tradicional galega, sobre grupos dos pobos, das aldeas, da nosa terra.  Emitirase os xoves de 21.00h a 21:30h.

Ademáis o mesmo Paco do Muxico presentará A Gramola, un espazo de trinta minutos no que se recopilarán, semanalmente, as mellores cancións dos sesenta e setenta. Emitirase os xoves de 21:30h a 22.00h.

Repeticións:

  • Foliada: Luns ás 20.00h.
  • A Gramola: Luns ás 20.30h.
Advertisements